Durante os días 18-19-20 de abril de 2011, en horario de 11.00h a 13.00h, na Biblioteca Municipal do concello, levaranse a cabo diferentes obradoiros de reciclaxe. Os obxectivos dos mesmos xiran en torno a valorar e apreciar o medio natural como fonte inesgotable de saúde.
Realizaremos diferentes actividades segundo a idade dos cativos, todas relacionadas coa reciclaxe (contacontos temáticos, manualidades, …). No seguinte enlace podedes ver un resumo das actividades cronograma-reciclaxe
Os obradoiros están dirixidos aos nenos e nenas do concello maiores de catro anos. Para participar deberán inscribirse antes do 15 de abril no teléfono 988259839 ou ben a través do e-mail cultura@concellopereiro.com
Muchas gracias por ofrecerle a mi niño(y a los demás) un taller con el que ha disfrutado tanto y lo que más le gusta es ser cuidador del mundo. De hecho estos días se lo ha tomado tan en serio que le ha llamado la atención a algún adulto desconsiderado. Para asombro del adulto y el mio, ufff que ratito pasé …. Pero muy bien por el niño.
Grazas a vos por participar, e por traer aos cativos ás actividades … dependemos da implicación dos pais e das nais, pois si eles non están interesados nos obradoiros, ou non lles parecen interesantes, non podemos chegar aos cativos, xa que eles por si sos non poden achegarse ata a biblioteca.
En canto ao comportamento de Alex, alégrome de que sacara proveito do obradoiro, e conseguira que obtivera información positiva a traves dos xogos propostos. Bravo por Alex!!