Desde o Concello do Pereiro de Aguiar queremos invitar a todos os cativos, mozos e mozas á II Festa infantil coa que poremos fin a esta etapa de verán e coa que pretendemos que todos pasen unha tarde de diversión, xogos e troula.
Contaremos con inchables, xogos populares, karaoke, merenda e a, de seguro esperada, festa da escuma.
O ano pasado foi un éxito, so había que ver o sorriso dos cativos para decatarse de que o estaban a pasar en grande e quedouselle curta a tarde.
A festa será o vindeiro sábado 27 de agosto a partir das 17.00h no pavillón municipal.
Pasádevos!