Un ano máis o Concello do Pereiro de Aguiar, chegada a época do Nadal, pon en marcha o seu certame Artístico dirixido a todos os veciños e veciñas do municipio. Establécense duas modalidades: postais de nadal e relato curto con distintas categorías para cada un e tres premios para cada categoría.
Consultade as bases na páxina web do concello ou ben no facebook da Omix e participade. Facede deste, o voso certame.
ola, non atopo as bases nin na páxina do Concello nin no facebook da Omix. ¿poderíadelas colgar?
Bo día Carlos!
As bases están colgadas na páxina web, páxina principal como segunda nova, se picas en “ler mais” abriráseche un pdf coas bases.
E, no facebook da Omix, é a última Nota colgada; se te vas ao apartado de notas atoparás a nova do certame coas bases íntegras.
Un saúdo.