Hoxe comezou a actividade Rebulindo na biblio.
Por que rebulir? Segundo o dicionario, rebulir é mover sen parar; na biblioteca iso é o que imos facer, rebulir; mover os contos, as mans, os lápices, a imaxinación, a creatividade,…
A finalidade desta actividade é fomentar o hábito de lectura desde cativos e ensinarlle aos nenos e nenas que a biblioteca é un lugar divertido, no que, ademais de ler contos, se poden facer amizades, xogar, inventar, contar, rir, … , a biblioteca é un espazo de diversión alternativo.
No noso primeiro día, quixemos coñecer os nenos e nenas que nos acompañarán nesta viaxe rebulindo, a través dunha dinámica de presentación na que comezan a perder a vergoña a falar diante dos compañeiros; e puxémoslle nome a noso novo amigo, que nos vai guiar todas as tardes e nos vai a axudar a rebulir, el é “Monstruito”.
Así lles quedou o seu primeiro mural ¿qué vos parece?