PROXECTO DE INTERCAMBIO

Debido á situación de escasos recursos económicos na que nos atopamos e a dificultade na que se atopan as administracións para conseguir axudas para novas actividades, desde o Concello queremos poñer en marcha un proxecto enmarcado nun sistema de intercambio.
Con este sistema de intercambio o que pretendemos e poder facer máis actividades sen que teñan un custo elevado.
O obxectivo é conseguir a persoas interesadas en diferentes temáticas que se xunten e que eles mesmos sexan os que impartan os seus coñecementos ou habilidades entre os participantes.
Aínda que hai moitos campos nos que poidamos traballar nun futuro ( costura, bricolaxe, conservas de alimentos….), queremos comezar por unha actividade que se demanda moito entre os veciños e veciñas do municipio.

As actividades realizaranse no Albergue de Ordelles.

QUE SABES TI DE COCIÑA? ENSÍNASME ?
En que consiste a iniciativa?
1.PARA ADULTOS

Neste primeiro grupo o obxectivo é intercambiar coñecementos de receitas de cociña, polo que cada undos participantes será o profesor para o resto do grupo.Cada un aportaría o seu prato favorito, o que máis gusta no seu entorno familiar, … non se trata de facer pratos moi elaborados nin profesionais senón que consiste en compartir coñecementos e disfrutar do noso tempo de lecer.

As receitas poden ser de diferentes tipos:

• Receitas da cociña da avoa

cocinero infantil

•Receitas para novatos

• Cociña rápida

• Cociña doutros países e culturas
• Repostería

O horario das actividade será os xoves de 17.00 a 19.00 horas durante dous meses aproximadamente, e daría comezo 14 de novembro

2. COCIÑA EN FAMILIA
Ao tratarse dunha actividade familiar, o principal obxectivo e crear un espazo no que tanto os pais coma os nenos e nenas poidan compartir coñecementos, novas experiencias e gozen do seu tempode lecer dun xeito conxunto.

A dinámica a seguir basearíase na participación activa, polo que cada familia aportará unha receita de sinxela execución para que os cativos sexan os encargados da elaboración e se converta nun instrumento para descubrir novos sabores e pratos diferentes.
Nesta actividade é requisito obrigatorio que un dos pais polo menos acompañe aos seus fillos, os cativos non poden vir con outras familias.
Esta actividade está prevista que comece no mes de xaneiro.
Para participar neste proxecto é necesario estar empadroado no Concello.

Quen estea interesado en participar no proxecto pode porse en contacto con no teléfono 988 259839 ou ben a través do e-mail cultura@concellopereiro.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s