Proxecto intercambio de libros de texto

Por segundo ano consecutivo e trala voa aceptación que tivo o mesmo o curso anterior, o Concello pon en marcha o Proxecto Intercambio de libros de texto para o curso 2014-2015.

Este proxecto axuda a educar aos nosos fillos e fillas no coidado do material e na responsabilidade sen esquecer que promove tamén a colaboración entre nenos e nenas, familias e profesores, a solidariedade, o compañeirismo, o altruísmo e o compromiso social.

Aquelas familias que desexen participar deberán entregar na Biblioteca Municipal os libros de texto do curso que non precisen. Ao facer a entrega, facilitaráselle un formulario para completar cos seus datos persoais, as materias ás que pertencen os libros que aportan para intercambiar e os libros que esperan recibir a cambio, ao mesmo tempo entregaráselle un vale por cada libro cedido que poderán cambiar polos libros que precisan.

Tamén poderán participar no proxecto familias cedendo libros que os seus fillos ou fillas xa non van precisar sen levar ningún a cambio.

No seguinte enlace BASES DO PROXECTO podedes atopar toda a información sobre o proxecto: en qué consiste, cales son as claves para que funcione e os pasos a seguir para formar parte do mesmo.

Podedes consultar calquera dúbida no teléfono 988259839 ou a través do e-mail cultura@concellopereiro.com

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s