A biblioteca do concello do Pereiro de Aguiar nace para dar un servizo importante, aos rapaces e non tan rapaces, co cal poder aprender dunha forma dinámica e sinxela.
A nosa biblioteca conta con fondos de libros de xuventude, narrativa de adultos, infantil, historia, arte, arquitectura, … e estamos a traballar para poder mellorar e ampliar a oferta.
Ademáis disto tamén impartimos cursos interesantes para a xente do concello como clases de informática, mecanografía,…..
Se queres saber máis podes visitarnos nas nosas oficinas en horario de 9:00 a 14.30 – 16.00 a 20.30, de luns a venres, ou ben chamando ao teléfono 988 259839