Cantacontos para bebés (Programa de animación á lectura)

Este mércores 23 de abril, coincindo co Día do Libro, contaremos coa actuación de Pablo Díaz e o seu espéctaculo “Cantancontos para bebés” a partir das cinco e media na Biblioteca Municipal. O espéctaculo está dbando_cantacontos para bebesirixido aos bebés de 0 a 3 anos.

Contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os mais cativos. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión serán as protagonistas, guiada por Pablo Díaz.

 

Programa de animación á lectura

img4No mes de abril na Biblioteca Pública Municipal celebraranse dúas actuacións enmarcadas no Programa “Ler conta moito” da Secretaría Xeral de Cultura, que teñen como obxectivo achegar os libros e a lectura aos mais cativos.

Mércores 2 de abril ás 18.30h. Espectáculo “CONTO CONTIGO”, espectáculo de animación á lectura con contacontos, títeres e maxia;interactivo, dinámico e moi divertido. ademais de contos, trabalinguas, cancións, … Está dirixido aos nenos e nenas de catro a once anos.

fotos_conto contigo

O espectáculo “Conto contigo” foi un éxito, e os cativos desfrutaron escoitando contos de animais, aprendendo cancións, e sendo por un ratiño actores e actrices con moita gracia.

Gracias por pasarvos pola Biblioteca Municipal.

Mércores 23 de abril ás 18.30h. Espectáculo “CANTACONTOS PARA BEBÉS”, contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os mais cativos. Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, guiada por Pablo Díaz. Está dirixido aos bebés de 0 a 3 anos.

ENTROIDO 2104

0-1-imagesO sábado un de marzo celebrarase a partir das 16:30 horas no Pavillón Municipal do Pereiro de Aguiar a, xa tradicional, Festa de Entroido.

Este ano non haberá temática como tal, senón que se premiará a creatividade, a imaxinación, a reciclaxe, a innovación e a orixinalidade; estas son as claves para elixir o disfraz para o 2014.

Como anos anteriores, non faltarán os inchables para os cativos e xogos populares para toda a familia, como as sillas musicais, o limbo, os globos, o turra-soga … entre outros xogos cooperativos.

Haberá  ademais premios en metálico e agasallos para os mais divertidos e orixinais. Daremos dous premios dotados de 150€, un para á comparsa mais numerosa e outro para a máis orixinal e divertida; e haberá dous premios mais para os disfraces individuais ou parellas, un dotado en 100€ e outro de 50€; primando sempre que non sexan traxes mercados, senón de elaboración propia, únicos e reciclando o que atopamos pola casa.

25 NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O vindeiro 25 de novembro, celébrase o día internacional contra a violencia de xénero e desde o Concello do Pereiro de Aguiar, queremos invitarvos a dicir un NON  a todas as formas de discriminación e violencia de xénero polo que imos levar a cabo unha serie de actividades ás que estades invitados a participar.

lazo_violeta_contra_violencia_generoI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “A VIOLENCIA NON É AMOR”. Xuntamos as bases do concurso para que lle votedes un ollo, e vos animedes a participar, haberá un único premio valorado en 150€ e as mais votadas (unha polo público do facebook) serán expostas no concello do Pereiro de Aguiar durante o mes de decembro bases do concurso de fotografía_gal

E, no salón de actos do Centro de Día dos Gozos, ás 18.00h terá lugar unha charla dirixida ás familias sobre sexualidade impartida polo centro QUÉROTE,“COMO AFRONTAR O TEMA DA SEXUALIDADE COS ADOLESCENTES”. As familias interesadas en participar deberán inscribirse na Biblioteca Municipal antes do 22 de novembro; e ao remate ás 19.30h proxectarase a película española de Iciar Bollaín “Te doy mis ojos”.

CICLO DE CONFERENCIAS PARA PAIS E NAIS CON PREADOLESCENTES E ADOLESCENTES

Desde o Servizo de Educación do Concello do Pereiro de Aguiar queremos informar que, dentro do Programa de Actividades Educativas orientadas ás familias, terán lugar no Salón de Plenos do Concello as seguintes Accións Formativas para nais e pais de pre-adolescentes e adolescentes impartidas pola Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (ASEIA) coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense:

familia

12 de novembro ás 20.00 horas “A importancia da educación afectivo sexual no desenvolvemento dunha identidade saudable”

20 de novembro ás 20.00 horas “Prevención da violencia e as súas manifestacións: bulling, violencia de xénero, violencia filioparental”

27 de novembro ás 20.00 horas  “A influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento da infancia e a adolescencia, e a súa influencia na familia”

4 de decembro ás 20:00 horas “ Condutas aditivas: vellos medos e novas formas”

XV CERTAME ARTÍSTICO TERRAS DE AGUIAR

O Concello do Pereiro de Aguiar convoa o XV Certame Artístico “Terras de Aguiar” baixo a temática Os símbolos do Nadal.

As modalidades do certame son: Relato curto e Postal de Nadal, establecéndose diferentes categorías (segundo idade) para cada modalidade.

Todos os traballos deberán ser presentados en galego e baixo un lema ou pseudónimo tendo como praza límite de entrega o 29 de novembro para as postais de nadal e o 5 de decembro para relato curto.

Podedes ler as bases completas do certame pinchando nas seguintes imaxes

triptico - gallego_Página_1                        triptico - gallego_Página_2

Comezamos a rebulir na biblio

Hoxe comezou a actividade Rebulindo na biblio.

Por que rebulir? Segundo o dicionario, rebulir é mover sen parar; na biblioteca iso é o que imos facer, rebulir; mover os contos, as mans, os lápices, a imaxinación, a creatividade,…

A finalidade desta actividade é fomentar o hábito de lectura desde cativos e ensinarlle aos nenos e nenas  que a biblioteca é un lugar divertido, no que, ademais de ler contos, se poden facer amizades, xogar, inventar, contar, rir, … , a biblioteca é un espazo de diversión alternativo.

No noso primeiro día, quixemos coñecer os nenos e nenas que nos acompañarán nesta viaxe rebulindo, a través dunha dinámica de presentación na que comezan a perder a vergoña a falar diante dos compañeiros; e puxémoslle nome a noso novo amigo, que nos vai guiar todas as tardes e nos vai a axudar a rebulir, el é “Monstruito”. 

Así lles quedou o seu primeiro mural ¿qué vos parece?

IMG_2187

 

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO

Desde o concello do Pereiro de Aguiar pomos en marcha para o curso escolar 2013-2014 o proxecto Intercambio de libros de texto. Este proxecto axuda a educar aos nosos fillos e fillas no coidado do material e na responsabilidade sen esquecer que promove tamén a colaboración entre nenos e nenas, familias e profesores, a solidariedade, o compañeirismo, o altruísmo e o compromiso social.
Aquelas familias que desexen participar deberán entregar na Biblioteca Municipal os libros de texto do curso que non precisen. Ao facer a entrega, facilitaráselle un formulario para completar cos seus datos persoais, as materias ás que pertencen os libros que aportan para intercambiar e os libros que esperan recibir a cambio, ao mesmo tempo entregaráselle un vale por cada libro cedido que poderán cambiar polos libros que precisan.
Tamén poderán participar no proxecto familias cedendo libros que os seus fillos ou fillas xa non van precisar sen levar ningún a cambio.
No seguinte enlace PROXECTO INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO podedes atopar toda a información sobre o proxecto: en qué consiste, cales son as claves para que funcione e os pasos a seguir para formar parte do mesmo.
Podedes consultar calquera dúbida no teléfono 988259839 ou a través do e-mail cultura@concellopereiro.com

CICLO DE CINE DE ANIMACIÓN

Desde a Área de Cultura, Turismo e Mocidade do Concello do Pereiro de Aguiar ponse en marcha o “Ciclo de Cine de Animación” proxecto que ten como base a proxeccións durante os meses de Abril, Maio e Xuño. Estas serán o primeiro venres de cada mes, así que quedarán como siguen: Venres 5 de Abril, Venres 3 de Maio e o Venres 7 de Xuño; todas elas ás 18:00 no Centro de día dos Gozos.

Comezamos este Venres día 5 de Abril coa proxección da película “Las aventuras de Tadeo Jones”.

Esperámosvos a todos.

 

ESCOLA CICLISMO O PEREIRO DE AGUIAR

QUE É A ESCOLA? É unha nova proposta do Servizo de Voluntariado do concello do Pereiro de Aguiar que nace vinculada ao Club Ciclista Maceda para que os alumnos da Escola podan ter unha licenza federativa e así ter un seguro e ter cobertura en caso de haber algún dano.

PARA QUE A ESCOLA? Para sacar aos cativos da rutina e evitar o sedentarismo empregando primordialmente a bicicleta.

COMO SE LEVARÁ A CABO A ESCOLA? Coa colaboración dun voluntario que ten ampla experiencia no ciclismo e que é colaborador tamén no Club Ciclista Maceda. Os adestramentos serán por diferentes zonas do municipio.

A QUEN VAI DIRIXIDA A ESCOLA? Os destinatarios da escola son os cativos de entre 5 e 14 anos que xa saiban andar en bicicleta.

CANDO DA COMEZO A ACTIVIDADE? A presentación da actividade é o sábado 16 de marzo as 11.00 horas no Pavillón Municipal. Os nenos e nenas que estean anotados deberán levar casco e bicicleta

ONDE ATOPO INFORMACIÓN SOBRE A ESCOLA? Para obter mais información sobre a escola tedes que dirixirvos á Biblioteca Municipal no teléfono 988259839 ou ben a través do e-mail cultura@concellopereiro.com