Proxecto intercambio de libros de texto

Por segundo ano consecutivo e trala voa aceptación que tivo o mesmo o curso anterior, o Concello pon en marcha o Proxecto Intercambio de libros de texto para o curso 2014-2015.

Este proxecto axuda a educar aos nosos fillos e fillas no coidado do material e na responsabilidade sen esquecer que promove tamén a colaboración entre nenos e nenas, familias e profesores, a solidariedade, o compañeirismo, o altruísmo e o compromiso social.

Aquelas familias que desexen participar deberán entregar na Biblioteca Municipal os libros de texto do curso que non precisen. Ao facer a entrega, facilitaráselle un formulario para completar cos seus datos persoais, as materias ás que pertencen os libros que aportan para intercambiar e os libros que esperan recibir a cambio, ao mesmo tempo entregaráselle un vale por cada libro cedido que poderán cambiar polos libros que precisan.

Tamén poderán participar no proxecto familias cedendo libros que os seus fillos ou fillas xa non van precisar sen levar ningún a cambio.

No seguinte enlace BASES DO PROXECTO podedes atopar toda a información sobre o proxecto: en qué consiste, cales son as claves para que funcione e os pasos a seguir para formar parte do mesmo.

Podedes consultar calquera dúbida no teléfono 988259839 ou a través do e-mail cultura@concellopereiro.com

Traballando a igualdade de oportunidades con contos

contos da igualdade_1Con esta colección de Baía Edicións, Contos da igualdade, preténdese romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.

A Alfombriña non lle gusta que lle digan o que ten que facer. Alfombriña quere decidir por ela mesma.

Os homes choran ou non choran? Eses é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas.

Podedes atopalos todos na Biblioteca Municipal; traballar cos nosos cativos a igualdade de oportunidades é unha tarefa que podemos exercelos papás e mamás no día a día e estes contos son un recurso que nos poden axudar a transmitir estes valores.

CICLO DE CONFERENCIAS PARA PAIS E NAIS CON PREADOLESCENTES E ADOLESCENTES

Desde o Servizo de Educación do Concello do Pereiro de Aguiar queremos informar que, dentro do Programa de Actividades Educativas orientadas ás familias, terán lugar no Salón de Plenos do Concello as seguintes Accións Formativas para nais e pais de pre-adolescentes e adolescentes impartidas pola Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e Adolescencia (ASEIA) coa colaboración da Deputación Provincial de Ourense:

familia

12 de novembro ás 20.00 horas “A importancia da educación afectivo sexual no desenvolvemento dunha identidade saudable”

20 de novembro ás 20.00 horas “Prevención da violencia e as súas manifestacións: bulling, violencia de xénero, violencia filioparental”

27 de novembro ás 20.00 horas  “A influencia das novas tecnoloxías no desenvolvemento da infancia e a adolescencia, e a súa influencia na familia”

4 de decembro ás 20:00 horas “ Condutas aditivas: vellos medos e novas formas”

CICLO DE CINE DE ANIMACIÓN

Desde a Área de Cultura, Turismo e Mocidade do Concello do Pereiro de Aguiar ponse en marcha o “Ciclo de Cine de Animación” proxecto que ten como base a proxeccións durante os meses de Abril, Maio e Xuño. Estas serán o primeiro venres de cada mes, así que quedarán como siguen: Venres 5 de Abril, Venres 3 de Maio e o Venres 7 de Xuño; todas elas ás 18:00 no Centro de día dos Gozos.

Comezamos este Venres día 5 de Abril coa proxección da película “Las aventuras de Tadeo Jones”.

Esperámosvos a todos.

 

GAÑADORES DO CERTAME ARTÍSTICO “TERRAS DE AGUIAR” NA MODALIDADE DE RELATO CURTO

No seguinte enlace podedes ler os relatos gañadores do XIII Certame Artístico “Terras de Aguiar”.

http://es.calameo.com/read/00106165745ce2ee1884f

Desde a organización queremos agradecer a todos os que participaron no mesmo, e felicitar aos gañadores, e emplazámosvos  a todos para o ano que ven, que de seguro teredes novas historias que contarnos a todos.

ANIMACIÓN Á LECTURA

IMG_3557IMG_3553IMG_3548IMG_3545IMG_3544IMG_3534
IMG_3542IMG_3525IMG_3511IMG_3502IMG_3493IMG_3526
IMG_3483IMG_3485IMG_3484FOTOS CONTACONTOS1

ANIMACIÓN Á LECTURA, un álbum en Flickr.

O pasado sete de novembro deron comezo as actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal, tendo como principais protagonistas aos cativos que se acercaron a escoitar os contos que dous simpáticos poliños tiñan preparados para eles. Pero non so lles esperan contos, senón moitas mais sorpresas que estes poliños lle tiñen preparadas: xogos, cancións, bailes, actividades con letras e números, … con todo isto os nenos sen darse conta saen cun montón de coñecementos novos, que estes divertidos personaxes lle ensinan a través do xogo.

Estas actividades estanse a levar a cabo os luns e os xoves en horario de 18.:00h a 19:00h, ata o mes de decembro; todos os cativos que queiran pasarse están invitados.

NOVIDADES: NOVELA E INFANTIL

Nos últimos meses tivemos novas incorporacións na nosa biblioteca.

En canto á literatura infantil, contamos cunha ampla colección de libros da editorial Kalandraka que farán que os nenos estén moi atentos á lectura que lle fan, son libros de adaptacións dos contos tradicionais, clásicos da literatura infantil de todos os tempos e obras de nova creación que contribúen a espertar nos nenos a curiosidade e o enxeño, a educalos dende o punto de vista afectivo, estético e visual. Ademais de contar con libros dos Bolechas, a colección de “Érase una vez  … el hombre” “Érase una vez … el cuerpo humano” y “Érase una vez … inventores”, libros para os que comezan a ler con letra grande e cursiva, libros visuais para os máis cativos e para os que comezan a falar, libros xuvenis para os que lles gusta ler, …

En canto a novela para adultos destacar: Triloxía Millenium, Saga Crepúsculo, Premios Planeta, Angelology, obras de Ken Follet, de Isabel Allende, Matilde Asensi, Carlos Ruíz Zafón, Paulo Coelho, Antonio Gala, … entre outros moitos.

Pásate pola biblioteca, facelo carné de usuario é gratuíto, e podes ler as novidades que están no mercado e introducir aos cativos no mundo da lectura.

Estamos na casa do Antigo Concello, de luns a venres de 9.00h a 14.30h e polas tardes de 16.00h a 20.30h.