Alumnos do CPR Miraflores concursan no programa XIZ de V Televisión

O CPR Miraflores, de O Pereiro de Aguiar, un dos primeiros participantes no concurso escolar XIZ.

O luns 21 de marzo de 2011 comeza XIZ, o concurso escolar de V televisión, o CPR Miraflores, de O Pereiro de Aguiar concursa no primeiro programa de XIZ. Yago Vila e Carlota Mª García, escolares deste centro, son a parella que representará ao colexio o luns, ás 20.15h.

O CPR Miraflores terá que sumar máis puntos que o colexio CEIP Manuel Bermúdez Couso, da Pobra de Trives. O centro que obteña máis puntos pasará de rolda e voltará ao programa nas vindeiras semanas.

XIZ é o novo concurso de V Televisión. 64 colexi9os das catro provincias de Galicia, competirán nas vindeiras semanas para gañar o programa. Para iso, terán que pasar sete probas, nas que amosarán os seus coñecementos e habilidades. Emilio Guillín será  o condutor deste espazo para toda a familia.

Niste enlace podedes ver máis información sobre este programa de V Televisión http://www.vtelevision.es/programas/xiz/2011/03/04/00331299252133667924356.htm

Hoxe, reportaxe en A Solaina, sobre os oficios tradicionais do noso municipio

Esta tarde o magazine da TVG, A Solaina, emitirá en directo unha reportaxe sobre os oficios tradicionais do noso municipio. O programa conducido polo presentador Carlos F. Amado, inclúe reportaxes a pé de rúa, e esta tarde non vos podedes perder a entrevista aos nosos veciños Jose Manuel Belmonte que falará da fabricación de peneiras e panderetas, Domingo Gallego que nos fará unha pequena demostración do oficio do cordeiro  e a señora María Álvarez que nos falará dos tradicionais oleiros, oficio hoxe desaparecido que significou moito para o pobo de Loñoá.

O programa emítese en directo a  partires das 17.00h na TVG.

ENTREGA DE PREMIOS DO XII CERTAME ARTÍSTICO “TERRAS DE AGUIAR”

O pasado 28 de decembro, no salón de actos do Concello do Pereiro de Aguiar, tivo lugar a entrega de premios os gañadores do XII Certame Artístico “Terras de Aguiar” nas modalidade de Postais de Nadal, modalidades de Relato Curto e Fotografía. Desde o concello do Pereiro de Aguiar queremos agradecer a todos os participantes que fan posible que o certame teña sentido e continúe ano tras ano. 

No seguinte enlace podedes ver algúns dos agasallados recollendo o seu premio.

http://www.flickr.com/photos/54835452@N05/sets/72157625814006928/show/

Día de Reis

Esta é so unha pequena mostra da ilusión e da alegría que os cativos e cativas do municipio demostraron ao ver AA.SS OS REIS MAGOS diante, sentados ao seu carón e recibir do seu Rei preferido o seu agasallo. Agora so lles queda seguir portándose ben para que o ano seguinte lle sigan traendo moitos agasallos. Pincha no seguinte enlace para ver fotos do día. http://www.flickr.com/photos/54835452@N05/sets/72157625673680399/show/

FESTA DE ENTROIDO

Este ano chegan ao pavillón vaqueros, indios, mexicanos, bandidos, “chicas saloon”, … á festa do Oeste que se está a preparar para o Entroido 2011 no concello do Pereiro de Aguiar.

Aínda estás a tempo!  Prepara o teu traxe e non perdas unha tarde de xogos, baile e diversión o sábado 5 de marzo.

Manterémosvos informados  de todas as novas que xurdan sobre esta festa.

INVERNIZATE CON NOS. Actividades na natureza

“Invernízate con nós” é un programa de actividades de lecer e tempo libre no medio natural, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, que se levará a cabo no albergue xuvenil de Gandario durante a tempada de outono e inverno.

Este programa está dirixido aos mozos e mozas que teñan entre 18 e 35 anos no momento da solicitude.

Actividades que ofertan:

Recoñecemento de estrelas; orientación nocturna; BTT; tiro con arco; corda tirolesa; iniciación ao rapell; orinetación; xogos tradicionais; dinámicas de grupos; rutas de sendeirismo; obradoiro de recoñecemento fotográfico da paisaxe; obradoiro de construcións.

Para ter máis información sobre o qué inclúe o programa, o material necesario, cómo anotarte, as datas, o prezo e os prazos de envio da documentación requerida pica no seguinte enlace: http://xuventude.xunta.es/invernizate-con-nos-actividades-na-natureza-no-albergue-xuvenil-de-gandario.html

“Mecanografíate” na biblioteca

Durante estos meses estase a impartir na Biblioteca Municipal cursos de informática e de mecanografía. O prazo de inscrición xa rematou coas prazas cubertas no curso de informática pero para practicar mecanografía podeste pasar calquera mañá en horario de 9:00h a 14:30h sen ningún problema. Cun programa moi sinxelo aprenderás a escribir ao ordenador en pouco tempo. Chama ao teléfono 988 259839 e pídenos información ou pásate pola Biblioteca sita na antiga casa do concello.