PROXECTO DE INTERCAMBIO

Debido á situación de escasos recursos económicos na que nos atopamos e a dificultade na que se atopan as administracións para conseguir axudas para novas actividades, desde o Concello queremos poñer en marcha un proxecto enmarcado nun sistema de intercambio.
Con este sistema de intercambio o que pretendemos e poder facer máis actividades sen que teñan un custo elevado.
O obxectivo é conseguir a persoas interesadas en diferentes temáticas que se xunten e que eles mesmos sexan os que impartan os seus coñecementos ou habilidades entre os participantes.
Aínda que hai moitos campos nos que poidamos traballar nun futuro ( costura, bricolaxe, conservas de alimentos….), queremos comezar por unha actividade que se demanda moito entre os veciños e veciñas do municipio.

As actividades realizaranse no Albergue de Ordelles.

QUE SABES TI DE COCIÑA? ENSÍNASME ?
En que consiste a iniciativa?
1.PARA ADULTOS

Neste primeiro grupo o obxectivo é intercambiar coñecementos de receitas de cociña, polo que cada undos participantes será o profesor para o resto do grupo.Cada un aportaría o seu prato favorito, o que máis gusta no seu entorno familiar, … non se trata de facer pratos moi elaborados nin profesionais senón que consiste en compartir coñecementos e disfrutar do noso tempo de lecer.

As receitas poden ser de diferentes tipos:

• Receitas da cociña da avoa

cocinero infantil

•Receitas para novatos

• Cociña rápida

• Cociña doutros países e culturas
• Repostería

O horario das actividade será os xoves de 17.00 a 19.00 horas durante dous meses aproximadamente, e daría comezo 14 de novembro

2. COCIÑA EN FAMILIA
Ao tratarse dunha actividade familiar, o principal obxectivo e crear un espazo no que tanto os pais coma os nenos e nenas poidan compartir coñecementos, novas experiencias e gozen do seu tempode lecer dun xeito conxunto.

A dinámica a seguir basearíase na participación activa, polo que cada familia aportará unha receita de sinxela execución para que os cativos sexan os encargados da elaboración e se converta nun instrumento para descubrir novos sabores e pratos diferentes.
Nesta actividade é requisito obrigatorio que un dos pais polo menos acompañe aos seus fillos, os cativos non poden vir con outras familias.
Esta actividade está prevista que comece no mes de xaneiro.
Para participar neste proxecto é necesario estar empadroado no Concello.

Quen estea interesado en participar no proxecto pode porse en contacto con no teléfono 988 259839 ou ben a través do e-mail cultura@concellopereiro.com

Rebulindo na biblio

 

imagesDesde a Biblioteca Municipal imos por en marcha unha nova actividade para os mais cativos da casa “Rebulindo na biblio”

Achegar os libros e a lectura desde idades temperás é un gran estímulo á imaxinación, creatividade, á capacidade verbal e á concentración dos nosos pequenos.

É sabido por todos que os libros nos enriquecen  e que nos levan a bucear en aventuras, historias, é un moi bo xeito de inculcar valores aos cativos e que aprendan divertíndose coa lectura

Por iso as actividades xirarán sempre en torno algún conto, cada semana versará sobre un tema distinto e faremos diferentes dinámicas, xogos, manualidades, tentando pasar un rato divertido ao mesmo tempo que aprenden xogando, fomentando o traballo en equipo, a cooperación, a axuda entre eles, …

A actividade terá lugar os martes e xoves en horario de 17.30h a 18.30h e comezará a primeira semana de outubro.

As inscricións dos cativos faranse na Biblioteca Municipal ou ben por e-mail.

INICIO DOS NOVOS CURSOS

Coa chegada do mes de setembro ábrense as inscricións para os novos cursos que se ofertan desde o concello do Pereiro de Aguiar para o curso 2013-2014
Polo que no mes de outubro darán comezo:
* Obradoiro de memoria: luns en Calvelle e no Pereiro; martes na Derrasa e en Loñoá; e os mércores en Vilariño e Melias.
* Ximnsasia de mantemento: luns e mércores de 19.00h a 20.00h no Pavillón Municipal
* Aeróbic: martes e xoves de 20.00h a 21.00h no Pavillón Municipal, cun custo de 15€ ao mes
* Futbol sala: luns de 14.00h a 15.00h para cativos de 1º e 2º de E.P e mércores de 17.00h a 18.00h para cativos de 3º e 4º de E.P no Pavillón Municipal
* Minibasket: luns de 17.00h a 18.00h para cativos de 3º a 6º de E.P no Pavillón Municipal

*  kárate infantil: venres de 17.30h a 18.30h, no Pavillón Municipal, cun custo de 9.95€ ao mes.

PREMIO MARÍA MOLINER 2013

A Biblioteca Municipal do concello do Pereiro de Aguiar foi seleccionada nos Premios María Moliner de Animación á Lectura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e da FEMP. O proxecto de dinamización lectora presentado foi “Anímate a leer”, proxecto que presenta diferentes actividades de animación e fomento da lectura.
Así, con data 11 de abril de 2013 a Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas dictou a proposta de resolución definitiva de axudas consistentes en lotes de libros para a promoción da lectura en bibliotecas públicas de municipios menores de 50.000 habitantes correspondentes ao ano 2013, de conformidade co establecido no apartado noveno da Resolución de 8 de outubro de 2012 (BOE nº 256, de 24 de outubro), pola que foron convocadas estas subvencións.

libros

PROGRAMA “LER CONTA MOITO”

Nos meses de abril, maio e xuño na Biblioteca Pública celebraranse 3 actuacións enmarcadas no programa “Ler conta moito” da Secretaría Xeral de Cultura, que teñen como obxectivo achegar os libros e a lectura aos mais cativos.

A primeira delas terá lugar o vindeiro martes 23 de abril ás 18.30h, con motivo da celebración do Día do Libro, coa obra “Varietés”. Un espectáculo de marionetas con dous actores manipuladores e un pianista. Este trío de actores, experto en liala enriba dun escenario, presentan esta vez números de carácter circense e cabareteiro.
Sen dúbida unha obra que recorda os circos ambulantes que viaxaban de vila en vila amosando os seus emocionantes trucos, cargados de humor e de interacción co público.

“¡Saian e vexan! A función vai comezar”

206

INTERCAMBIO DE LIBROS DE LECTURA

Desde a Biblioteca Municipal ponse en marcha un novo proxecto “Intercambio de libros de lectura”.

Este proxecto nace co obxectivo de dar aos lectores unha plataforma para o intercambio de libros de forma interactiva, visual e práctica para poder difundir a lectura e que os libros non so sexan para ler e gardar senón para compartir o coñecemento que todos nos aportan.

A metodoloxía a seguir baséase no intercambio: unha persoa achega ao proxecto aqueles libros que considere oportunos (máximo de catro) e a cambio pode levarse aqueles libros que lle podan apetecer (tantos como cedeu ao proxecto).

No seguinte enlace podedes consultar as bases BASES DO PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE LECTURA e con posterioridade poderedes consultar cales son os libros que forman parte do proxecto.

Animámosvos a participar neste proxecto. É unha boa forma de compartir con outras persoas e de reutilizar libros que doutro xeito acabarán nun armario ou no lixo.

 

TALLER CREATIVO “FOFUCHAS”

Durante o mes de abril terá lugar un obradoiro de fofuchas (as bonecas de moda).
O obradoiro impartirase no albergue de Ordelles os sábados en horario de 16.00h a 18.00h e está dirixido aos maiores de 16 anos.
O custo é de 25€ por persoa, do material encargarase o concello.
Para inscribirvos deberedes anotarvos no teléfono 988259839 ou ben no e-mail cultura@concellopereiro.com

munecas-fofuchas-L-69oOm9