XV CERTAME ARTÍSTICO TERRAS DE AGUIAR

O Concello do Pereiro de Aguiar convoa o XV Certame Artístico “Terras de Aguiar” baixo a temática Os símbolos do Nadal.

As modalidades do certame son: Relato curto e Postal de Nadal, establecéndose diferentes categorías (segundo idade) para cada modalidade.

Todos os traballos deberán ser presentados en galego e baixo un lema ou pseudónimo tendo como praza límite de entrega o 29 de novembro para as postais de nadal e o 5 de decembro para relato curto.

Podedes ler as bases completas do certame pinchando nas seguintes imaxes

triptico - gallego_Página_1                        triptico - gallego_Página_2

Comezamos a rebulir na biblio

Hoxe comezou a actividade Rebulindo na biblio.

Por que rebulir? Segundo o dicionario, rebulir é mover sen parar; na biblioteca iso é o que imos facer, rebulir; mover os contos, as mans, os lápices, a imaxinación, a creatividade,…

A finalidade desta actividade é fomentar o hábito de lectura desde cativos e ensinarlle aos nenos e nenas  que a biblioteca é un lugar divertido, no que, ademais de ler contos, se poden facer amizades, xogar, inventar, contar, rir, … , a biblioteca é un espazo de diversión alternativo.

No noso primeiro día, quixemos coñecer os nenos e nenas que nos acompañarán nesta viaxe rebulindo, a través dunha dinámica de presentación na que comezan a perder a vergoña a falar diante dos compañeiros; e puxémoslle nome a noso novo amigo, que nos vai guiar todas as tardes e nos vai a axudar a rebulir, el é “Monstruito”. 

Así lles quedou o seu primeiro mural ¿qué vos parece?

IMG_2187

 

Rebulindo na biblio

 

imagesDesde a Biblioteca Municipal imos por en marcha unha nova actividade para os mais cativos da casa “Rebulindo na biblio”

Achegar os libros e a lectura desde idades temperás é un gran estímulo á imaxinación, creatividade, á capacidade verbal e á concentración dos nosos pequenos.

É sabido por todos que os libros nos enriquecen  e que nos levan a bucear en aventuras, historias, é un moi bo xeito de inculcar valores aos cativos e que aprendan divertíndose coa lectura

Por iso as actividades xirarán sempre en torno algún conto, cada semana versará sobre un tema distinto e faremos diferentes dinámicas, xogos, manualidades, tentando pasar un rato divertido ao mesmo tempo que aprenden xogando, fomentando o traballo en equipo, a cooperación, a axuda entre eles, …

A actividade terá lugar os martes e xoves en horario de 17.30h a 18.30h e comezará a primeira semana de outubro.

As inscricións dos cativos faranse na Biblioteca Municipal ou ben por e-mail.

INICIO DOS NOVOS CURSOS

Coa chegada do mes de setembro ábrense as inscricións para os novos cursos que se ofertan desde o concello do Pereiro de Aguiar para o curso 2013-2014
Polo que no mes de outubro darán comezo:
* Obradoiro de memoria: luns en Calvelle e no Pereiro; martes na Derrasa e en Loñoá; e os mércores en Vilariño e Melias.
* Ximnsasia de mantemento: luns e mércores de 19.00h a 20.00h no Pavillón Municipal
* Aeróbic: martes e xoves de 20.00h a 21.00h no Pavillón Municipal, cun custo de 15€ ao mes
* Futbol sala: luns de 14.00h a 15.00h para cativos de 1º e 2º de E.P e mércores de 17.00h a 18.00h para cativos de 3º e 4º de E.P no Pavillón Municipal
* Minibasket: luns de 17.00h a 18.00h para cativos de 3º a 6º de E.P no Pavillón Municipal

*  kárate infantil: venres de 17.30h a 18.30h, no Pavillón Municipal, cun custo de 9.95€ ao mes.

PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO

Desde o concello do Pereiro de Aguiar pomos en marcha para o curso escolar 2013-2014 o proxecto Intercambio de libros de texto. Este proxecto axuda a educar aos nosos fillos e fillas no coidado do material e na responsabilidade sen esquecer que promove tamén a colaboración entre nenos e nenas, familias e profesores, a solidariedade, o compañeirismo, o altruísmo e o compromiso social.
Aquelas familias que desexen participar deberán entregar na Biblioteca Municipal os libros de texto do curso que non precisen. Ao facer a entrega, facilitaráselle un formulario para completar cos seus datos persoais, as materias ás que pertencen os libros que aportan para intercambiar e os libros que esperan recibir a cambio, ao mesmo tempo entregaráselle un vale por cada libro cedido que poderán cambiar polos libros que precisan.
Tamén poderán participar no proxecto familias cedendo libros que os seus fillos ou fillas xa non van precisar sen levar ningún a cambio.
No seguinte enlace PROXECTO INTERCAMBIO DE LIBROS DE TEXTO podedes atopar toda a información sobre o proxecto: en qué consiste, cales son as claves para que funcione e os pasos a seguir para formar parte do mesmo.
Podedes consultar calquera dúbida no teléfono 988259839 ou a través do e-mail cultura@concellopereiro.com

PREMIO MARÍA MOLINER 2013

A Biblioteca Municipal do concello do Pereiro de Aguiar foi seleccionada nos Premios María Moliner de Animación á Lectura do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte e da FEMP. O proxecto de dinamización lectora presentado foi “Anímate a leer”, proxecto que presenta diferentes actividades de animación e fomento da lectura.
Así, con data 11 de abril de 2013 a Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas dictou a proposta de resolución definitiva de axudas consistentes en lotes de libros para a promoción da lectura en bibliotecas públicas de municipios menores de 50.000 habitantes correspondentes ao ano 2013, de conformidade co establecido no apartado noveno da Resolución de 8 de outubro de 2012 (BOE nº 256, de 24 de outubro), pola que foron convocadas estas subvencións.

libros

PROGRAMA “LER CONTA MOITO”

Nos meses de abril, maio e xuño na Biblioteca Pública celebraranse 3 actuacións enmarcadas no programa “Ler conta moito” da Secretaría Xeral de Cultura, que teñen como obxectivo achegar os libros e a lectura aos mais cativos.

A primeira delas terá lugar o vindeiro martes 23 de abril ás 18.30h, con motivo da celebración do Día do Libro, coa obra “Varietés”. Un espectáculo de marionetas con dous actores manipuladores e un pianista. Este trío de actores, experto en liala enriba dun escenario, presentan esta vez números de carácter circense e cabareteiro.
Sen dúbida unha obra que recorda os circos ambulantes que viaxaban de vila en vila amosando os seus emocionantes trucos, cargados de humor e de interacción co público.

“¡Saian e vexan! A función vai comezar”

206

INTERCAMBIO DE LIBROS DE LECTURA

Desde a Biblioteca Municipal ponse en marcha un novo proxecto “Intercambio de libros de lectura”.

Este proxecto nace co obxectivo de dar aos lectores unha plataforma para o intercambio de libros de forma interactiva, visual e práctica para poder difundir a lectura e que os libros non so sexan para ler e gardar senón para compartir o coñecemento que todos nos aportan.

A metodoloxía a seguir baséase no intercambio: unha persoa achega ao proxecto aqueles libros que considere oportunos (máximo de catro) e a cambio pode levarse aqueles libros que lle podan apetecer (tantos como cedeu ao proxecto).

No seguinte enlace podedes consultar as bases BASES DO PROXECTO DE INTERCAMBIO DE LIBROS DE LECTURA e con posterioridade poderedes consultar cales son os libros que forman parte do proxecto.

Animámosvos a participar neste proxecto. É unha boa forma de compartir con outras persoas e de reutilizar libros que doutro xeito acabarán nun armario ou no lixo.

 

CICLO DE CINE DE ANIMACIÓN

Desde a Área de Cultura, Turismo e Mocidade do Concello do Pereiro de Aguiar ponse en marcha o “Ciclo de Cine de Animación” proxecto que ten como base a proxeccións durante os meses de Abril, Maio e Xuño. Estas serán o primeiro venres de cada mes, así que quedarán como siguen: Venres 5 de Abril, Venres 3 de Maio e o Venres 7 de Xuño; todas elas ás 18:00 no Centro de día dos Gozos.

Comezamos este Venres día 5 de Abril coa proxección da película “Las aventuras de Tadeo Jones”.

Esperámosvos a todos.