25 NOVEMBRO. DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

O vindeiro 25 de novembro, celébrase o día internacional contra a violencia de xénero e desde o Concello do Pereiro de Aguiar, queremos invitarvos a dicir un NON  a todas as formas de discriminación e violencia de xénero polo que imos levar a cabo unha serie de actividades ás que estades invitados a participar.

lazo_violeta_contra_violencia_generoI CONCURSO DE FOTOGRAFÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO “A VIOLENCIA NON É AMOR”. Xuntamos as bases do concurso para que lle votedes un ollo, e vos animedes a participar, haberá un único premio valorado en 150€ e as mais votadas (unha polo público do facebook) serán expostas no concello do Pereiro de Aguiar durante o mes de decembro bases do concurso de fotografía_gal

E, no salón de actos do Centro de Día dos Gozos, ás 18.00h terá lugar unha charla dirixida ás familias sobre sexualidade impartida polo centro QUÉROTE,“COMO AFRONTAR O TEMA DA SEXUALIDADE COS ADOLESCENTES”. As familias interesadas en participar deberán inscribirse na Biblioteca Municipal antes do 22 de novembro; e ao remate ás 19.30h proxectarase a película española de Iciar Bollaín “Te doy mis ojos”.

OBRADOIROS DE PRIMAVERA EN SEMANA SANTA

Os días 2,3 e 4 de abril na Biblioteca Pública de 17.00 a 18.30 horas, organizamos para nenos e nenas de mais de catro anos obradoiros relacionados coa primavera.

Faremos diferentes manualidades, sementaremos plantas ou flores e faremos un rastrexo polo pobo que nos axude a descubrir mais polo miúdo esta estación do ano.

Se queres inscribirte na actividade ou mais información tes que chamar ao teléfono da Biblioteca  988.25.98.39, ou ben a través do correo electrónico cultura@concellopereiro.com.