ANIMACIÓN Á LECTURA

IMG_3557IMG_3553IMG_3548IMG_3545IMG_3544IMG_3534
IMG_3542IMG_3525IMG_3511IMG_3502IMG_3493IMG_3526
IMG_3483IMG_3485IMG_3484FOTOS CONTACONTOS1

ANIMACIÓN Á LECTURA, un álbum en Flickr.

O pasado sete de novembro deron comezo as actividades de animación á lectura na Biblioteca Municipal, tendo como principais protagonistas aos cativos que se acercaron a escoitar os contos que dous simpáticos poliños tiñan preparados para eles. Pero non so lles esperan contos, senón moitas mais sorpresas que estes poliños lle tiñen preparadas: xogos, cancións, bailes, actividades con letras e números, … con todo isto os nenos sen darse conta saen cun montón de coñecementos novos, que estes divertidos personaxes lle ensinan a través do xogo.

Estas actividades estanse a levar a cabo os luns e os xoves en horario de 18.:00h a 19:00h, ata o mes de decembro; todos os cativos que queiran pasarse están invitados.

Día do libro: “Recordando a “Don Quixote”

O vindeiro 25 de abril desde a Biblioteca Municipal do concello do Pereiro de Aguiar, queremos salientar o Día Internacional do Libro, que se celebra o día 23 de abril.

Ese día en horario de 11.00h a 13.00h na Biblioteca Municipal realizaranse diferentes actividades todas elas relacionadas coa obra de Miguel de Cervantes “Don Quijote de la Mancha”. As actividades estarán dirixidas aos nenos e nenas do municipio maiores de catro anos, que deberán inscribirse na actividade antes do 15 de abril no teléfono 988259839 ou ben a través do e-mail cultura@concellopereiro.com. No seguinte enlace podedes atopar mais información sobre o que imos realizar ese día cronograma dia do libro

Ademais todos os participantes deberán traer da casa o seu libro preferido, co que levaremos a cabo unha actividade.