OBRADOIROS DE NADAL PARA OS CATIVOS

Esta Nadal realizaranse diferentes obradoiros na Biblioteca Municipal para os cativos maiores de catro anos.

As actividades levaranse a cabo os días 26-27 e 28 de decembro e 2-3- e 4 de xaneiro en horario de 17.00h a 18.00h, tempo no que elaboraremos adornos de nadal, instrumentos musicales e descubriremos a qué sabe a lúa, entre outras actividades.

Para participar neles, soamente tedes que anotar aos nenos e nenas que queiran participar no teléfono 988259839,  a través do e-mail cultura@concellopereiro.com ou ben neste enlace, antes do 20 de decembro, e comunicar qué días vai asistir aos obradoiros.

ACTIVIDADES EN SEMANA SANTA NA BIBLIOTECA PARA OS CATIVOS

Durante os días 18-19-20 de abril de 2011, en horario de 11.00h a 13.00h, na Biblioteca Municipal do concello, levaranse a cabo diferentes obradoiros de reciclaxe. Os obxectivos dos mesmos xiran en torno a valorar e apreciar o medio natural como fonte inesgotable de saúde.

Realizaremos diferentes actividades segundo a idade dos cativos, todas relacionadas coa reciclaxe (contacontos temáticos, manualidades, …). No seguinte enlace podedes ver un resumo das actividades cronograma-reciclaxe

Os obradoiros están dirixidos aos nenos e nenas do concello maiores de catro anos. Para participar deberán inscribirse antes do 15 de abril no teléfono 988259839 ou ben a través do e-mail cultura@concellopereiro.com