2 de abril: DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Como cada ano desde 1967, o día 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, un día que ademais de servir para facer chegar a paixón polos libros aos mais cativos, conmemórase o nacemento do popular escritor danés Hans Christian Andersen.

Desde a Biblioteca Municipal do concello do Pereiro de Aguiar, propomos un concurso para os cativos da casa: Debuxo para un conto”.

O conto escollido para o concurso e “O soldadiño de chumbo”, de Andersen. Os participantes deberán facer un debuxo relacionado con esta historia tan coñecida. Poderán participar os nenos e as nenas menores de doce anos. Os debuxos deberán presentarse antes do 30 de marzo, preferentemente na Biblioteca Municipal e no caso de non poder achegarse ata a biblioteca, poderedes envialos  escaneados a través do e-mail cultura@concellopereiro.com; e poderán empregar calquera técnica para a súa elaboración: rotuladores, lápices de cores, pintura de dedos, … Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a imaxinación dos cativos. Durante os días 2-3 e 4 de abril estarán todos os traballos expostos na biblioteca para que os usuarios da mesma, durante estes días, poidan votar polo seu favorito. O luns 9 de abril daremos a coñecer o gañador ou gañadora deste concurso que será agasallado cun lote de libros infantís.

 

Alumnos do CPR Miraflores concursan no programa XIZ de V Televisión

O CPR Miraflores, de O Pereiro de Aguiar, un dos primeiros participantes no concurso escolar XIZ.

O luns 21 de marzo de 2011 comeza XIZ, o concurso escolar de V televisión, o CPR Miraflores, de O Pereiro de Aguiar concursa no primeiro programa de XIZ. Yago Vila e Carlota Mª García, escolares deste centro, son a parella que representará ao colexio o luns, ás 20.15h.

O CPR Miraflores terá que sumar máis puntos que o colexio CEIP Manuel Bermúdez Couso, da Pobra de Trives. O centro que obteña máis puntos pasará de rolda e voltará ao programa nas vindeiras semanas.

XIZ é o novo concurso de V Televisión. 64 colexi9os das catro provincias de Galicia, competirán nas vindeiras semanas para gañar o programa. Para iso, terán que pasar sete probas, nas que amosarán os seus coñecementos e habilidades. Emilio Guillín será  o condutor deste espazo para toda a familia.

Niste enlace podedes ver máis información sobre este programa de V Televisión http://www.vtelevision.es/programas/xiz/2011/03/04/00331299252133667924356.htm