Comezamos a rebulir na biblio

Hoxe comezou a actividade Rebulindo na biblio.

Por que rebulir? Segundo o dicionario, rebulir é mover sen parar; na biblioteca iso é o que imos facer, rebulir; mover os contos, as mans, os lápices, a imaxinación, a creatividade,…

A finalidade desta actividade é fomentar o hábito de lectura desde cativos e ensinarlle aos nenos e nenas  que a biblioteca é un lugar divertido, no que, ademais de ler contos, se poden facer amizades, xogar, inventar, contar, rir, … , a biblioteca é un espazo de diversión alternativo.

No noso primeiro día, quixemos coñecer os nenos e nenas que nos acompañarán nesta viaxe rebulindo, a través dunha dinámica de presentación na que comezan a perder a vergoña a falar diante dos compañeiros; e puxémoslle nome a noso novo amigo, que nos vai guiar todas as tardes e nos vai a axudar a rebulir, el é “Monstruito”. 

Así lles quedou o seu primeiro mural ¿qué vos parece?

IMG_2187

 

CONTOS PARA PASAR A TARDIÑA

Con motivo da celebración do día do libro, o vindeiro 23 de abril, e tendo como obxectivo principal fomentar a lectura entre os nosos cativos, a próxima semana na Biblioteca Municipal terán lugar distintas sesións de contacontos, a partir das 18.15h.

Un conto día da semana, unha historia que os nenos e as nenas que asistan poderán escoitar e ilustrar, e así acercarse á imaxinación e a novos mundos a través de diferentes relatos.

Comezamos a semana con “Moncho e a Mancha” ; as bágoas de “Macario dromedario”, acompañarannos  o martes;  as aventuras de “Cocorico” quedan reservadas para o mércores;  “O dragón comemedo” chega á biblioteca o xoves; e, rematamos  estas sesións con “Fiz, o coleccionista de medos” que se quedará cos medos de todos os pequenos.

Anímadevos  e achegádevos cos vosos pequenos ata a Biblioteca Municipal

No seguinte enlace podedes ver algúns dos momentos que pasamos nas tardes de contacontos na Biblioteca Municipal. Os nenos e as nenas pasárono en grande e así o reflexan os seus sorrisos. Grazas a todos os papás e mamás que achegaron aos seus cativos aos contos.

http://www.flickr.com/photos/54835452@N05/sets/72157629567313796/show/