ACTIVIDADES DEPORTIVAS NO VERAN

Durante a quincena do 11 ao 29 de xullo no pavillón municipal levaranse a cabo as seguintes actividades deportivas:

Luns e xoves de 11.30h a 13.00h: xogos predeportivos para nenos e nenas de 5 a 8 anos.

Martes e venres de 11.30h a 13.00h: xogos deportivos para nenos e nenas de 9 a 14 anos.

A inscrición farase na biblioteca municipal ou no teléfono 988259839 en horario de 9.00h a 14.30h.

O número de prazas por actividade é de 20 cativos.

A data límite de inscricion será o 7 de xullo ás 14.30h.

So poden participar os nenos e nenas que estean empadroados no concello do Pereiro de Aguiar.

Os cativos que participen na aula de atención temperá non precisan anotarse.