Con motivo da celebración do día do libro, o vindeiro 23 de abril, e tendo como obxectivo principal fomentar a lectura entre os nosos cativos, a próxima semana na Biblioteca Municipal terán lugar distintas sesións de contacontos, a partir das 18.15h.
Un conto día da semana, unha historia que os nenos e as nenas que asistan poderán escoitar e ilustrar, e así acercarse á imaxinación e a novos mundos a través de diferentes relatos.
Comezamos a semana con “Moncho e a Mancha” ; as bágoas de “Macario dromedario”, acompañarannos o martes; as aventuras de “Cocorico” quedan reservadas para o mércores; “O dragón comemedo” chega á biblioteca o xoves; e, rematamos estas sesións con “Fiz, o coleccionista de medos” que se quedará cos medos de todos os pequenos.
Anímadevos e achegádevos cos vosos pequenos ata a Biblioteca Municipal
No seguinte enlace podedes ver algúns dos momentos que pasamos nas tardes de contacontos na Biblioteca Municipal. Os nenos e as nenas pasárono en grande e así o reflexan os seus sorrisos. Grazas a todos os papás e mamás que achegaron aos seus cativos aos contos.
http://www.flickr.com/photos/54835452@N05/sets/72157629567313796/show/