2 de abril: DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL.

Como cada ano desde 1967, o día 2 de abril, celébrase o Día Internacional do Libro Infantil, un día que ademais de servir para facer chegar a paixón polos libros aos mais cativos, conmemórase o nacemento do popular escritor danés Hans Christian Andersen.

Desde a Biblioteca Municipal do concello do Pereiro de Aguiar, propomos un concurso para os cativos da casa: Debuxo para un conto”.

O conto escollido para o concurso e “O soldadiño de chumbo”, de Andersen. Os participantes deberán facer un debuxo relacionado con esta historia tan coñecida. Poderán participar os nenos e as nenas menores de doce anos. Os debuxos deberán presentarse antes do 30 de marzo, preferentemente na Biblioteca Municipal e no caso de non poder achegarse ata a biblioteca, poderedes envialos  escaneados a través do e-mail cultura@concellopereiro.com; e poderán empregar calquera técnica para a súa elaboración: rotuladores, lápices de cores, pintura de dedos, … Valorarase a creatividade, a orixinalidade e a imaxinación dos cativos. Durante os días 2-3 e 4 de abril estarán todos os traballos expostos na biblioteca para que os usuarios da mesma, durante estes días, poidan votar polo seu favorito. O luns 9 de abril daremos a coñecer o gañador ou gañadora deste concurso que será agasallado cun lote de libros infantís.