ENTROIDO 2104

0-1-imagesO sábado un de marzo celebrarase a partir das 16:30 horas no Pavillón Municipal do Pereiro de Aguiar a, xa tradicional, Festa de Entroido.

Este ano non haberá temática como tal, senón que se premiará a creatividade, a imaxinación, a reciclaxe, a innovación e a orixinalidade; estas son as claves para elixir o disfraz para o 2014.

Como anos anteriores, non faltarán os inchables para os cativos e xogos populares para toda a familia, como as sillas musicais, o limbo, os globos, o turra-soga … entre outros xogos cooperativos.

Haberá  ademais premios en metálico e agasallos para os mais divertidos e orixinais. Daremos dous premios dotados de 150€, un para á comparsa mais numerosa e outro para a máis orixinal e divertida; e haberá dous premios mais para os disfraces individuais ou parellas, un dotado en 100€ e outro de 50€; primando sempre que non sexan traxes mercados, senón de elaboración propia, únicos e reciclando o que atopamos pola casa.

ENTROIDO 2013

ENTROIDO 2013BANDO
Chega o Entroido, e desde o concello non queremos deixar pasar esta festa sen celebralo, así que puxémonos mans a obra para que todos disfrutedes dunha tarde de diversión na compañía da familia e amigos.
Este ano xirará en torno as profesións, todas terán cabida nesta festa, que se celebrará o sábado 9 de febreiro a partir das 16.30h. Teremos inchables, música e xogos populares para todos.
Ademais, e como nos últimos anos, daremos premios en metálico as duas mellores comparsas e aos disfraces mais orixinais.

Non faltades!!!

ENTROIDO 2012 DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

No seguinte enlace podedes descargar as actividades que se van a por en marcha este ano para celebrar o entroido desde o noso concello.

http://www.calameo.com/read/00106165768de3fac7de8

Obradoiros para os cativos, e unha festa adicada este ano as personaxes favoritas dos comics de todos os tempos, son as actividades principais deste ano.

FESTA DE ENTROIDO

Este ano chegan ao pavillón vaqueros, indios, mexicanos, bandidos, “chicas saloon”, … á festa do Oeste que se está a preparar para o Entroido 2011 no concello do Pereiro de Aguiar.

Aínda estás a tempo!  Prepara o teu traxe e non perdas unha tarde de xogos, baile e diversión o sábado 5 de marzo.

Manterémosvos informados  de todas as novas que xurdan sobre esta festa.