ESCOLA CICLISMO O PEREIRO DE AGUIAR

GYMKANAS A MODO DE PRESENTACIÓN DA ESCOLA CICLISMO O PEREIRO DE AGUIAR
Sábado 2 de marzo ás 16:30h na Urbanización de Monterrey
Sábado 9 de marzo ás 12:00h na Urbanización Tapada de Bouzas (cancha polideportiva)
Sábado 9 de marzo ás 16:30h na Urbanización Veiga de Abaixo (na cancha polideportiva)
Dirixido a todos os interesados na escola

ESCOLA CICLISMO O PEREIRO DE AGUIAR

QUE É A ESCOLA? É unha nova proposta do Servizo de Voluntariado do concello do Pereiro de Aguiar que nace vinculada ao Club Ciclista Maceda para que os alumnos da Escola podan ter unha licenza federativa e así ter un seguro e ter cobertura en caso de haber algún dano.

PARA QUE A ESCOLA? Para sacar aos cativos da rutina e evitar o sedentarismo empregando primordialmente a bicicleta.

COMO SE LEVARÁ A CABO A ESCOLA? Coa colaboración dun voluntario que ten ampla experiencia no ciclismo e que é colaborador tamén no Club Ciclista Maceda. Os adestramentos serán por diferentes zonas do municipio.

A QUEN VAI DIRIXIDA A ESCOLA? Os destinatarios da escola son os cativos de entre 5 e 14 anos que xa saiban andar en bicicleta.

CANDO DA COMEZO A ACTIVIDADE? A presentación da actividade é o sábado 16 de marzo as 11.00 horas no Pavillón Municipal. Os nenos e nenas que estean anotados deberán levar casco e bicicleta

ONDE ATOPO INFORMACIÓN SOBRE A ESCOLA? Para obter mais información sobre a escola tedes que dirixirvos á Biblioteca Municipal no teléfono 988259839 ou ben a través do e-mail cultura@concellopereiro.com