Este ano o abano de actividades deportivas que se oferta desde o concello veuse incrementado co obxetivo de chegar a un maior número de persoas e promover a práctica do deporte.
Por iso, en colaboración coa Fundación Cipri, iniciaranse o 16 de novembro as seguintes actividades: tai-chi, karate infantil, kick boxing, aeróbic e defensa persoal. Seguen en marcha, e con moi boa aceptación, mini basket, ximnasia de mantemento, a escola de futbol sala, psicomotricidade e bailes latinos.
Se estas interesado en participar nalgunha delas, ou queres máis información entra na páxina web do concello (www.concellopereiro.com) ou ben chámanos ao teléfono 988259839.