Con esta colección de Baía Edicións, Contos da igualdade, preténdese romper coa tendencia nos contos infantís de asignar roles estereotipados a nenos e nenas, que condicionan a capacidade de soñar sen límites no propio futuro, de imaxinar un mundo de igualdade entre homes e mulleres.
A Alfombriña non lle gusta que lle digan o que ten que facer. Alfombriña quere decidir por ela mesma.
Os homes choran ou non choran? Eses é o dilema no que se encontra Nito, e que lle trae non poucos problemas até que por fin, coa axuda do Doutor Aymoré, consegue resolver as súas dúbidas.
Podedes atopalos todos na Biblioteca Municipal; traballar cos nosos cativos a igualdade de oportunidades é unha tarefa que podemos exercelos papás e mamás no día a día e estes contos son un recurso que nos poden axudar a transmitir estes valores.