OBRADOIROS DE NADAL PARA OS CATIVOS

Esta Nadal realizaranse diferentes obradoiros na Biblioteca Municipal para os cativos maiores de catro anos.

As actividades levaranse a cabo os días 26-27 e 28 de decembro e 2-3- e 4 de xaneiro en horario de 17.00h a 18.00h, tempo no que elaboraremos adornos de nadal, instrumentos musicales e descubriremos a qué sabe a lúa, entre outras actividades.

Para participar neles, soamente tedes que anotar aos nenos e nenas que queiran participar no teléfono 988259839,  a través do e-mail cultura@concellopereiro.com ou ben neste enlace, antes do 20 de decembro, e comunicar qué días vai asistir aos obradoiros.

XII CERTAME ARTÍSTICO “TERRAS DE AGUIAR”

Convócase o XII Certame Artístico “Terras de Aguiar”, este ano baixo o epígrafe “Un Nadal diferente”, polo que todas as obras terán como temática o lema citado.

As modalidades do certame son: Relato curto (a temática xirará en torno ao Nadal desde un perspectiva diferente aos estereotipos tradicionais, xa que nesta época non todo son doces, turrón e alegría); Postais de Nadal (podendo participar na variante tradicional empregando técnicas tradicionais como o papel, pintura de dedos, lápices de cores, cartulina, … ou ben na variante dixital empregando soportes informáticos para a elaboración da postal); e, Fotografía (tendo como temática “Consumo e Nadal” co obxetivo de impulsar un consumo responsable nestas datas)

Nas modalidades de relato curto e postais de nadal establécense tres categorías: a) ata dez anos; b) de once a quince anos; c) maiores de dezaseis anos.

As obras presentaranse baixo pseudónimo na Biblioteca Municipal do concello ata o 30 de novembro.