OBRADOIROS DE SEMANA SANTA

Os días 25, 26 e 27 de Marzo de 11:30 a 12:30 o Concello do Pereiro de Aguiar, desde a Área de Cultura, Turismo e Mocidade, organiza un obradoiro para os cativos de 4 a 10 anos no que faremos manualidades varias e contaremos un conto que os propios nenos e nenas reprentarán e sonorizarán para ser gravado en vídeo.

Para calquera dúbida poden poñerse en contacto no número: 988 259839 ou no mail: cultura@concellopereiro.com

OBRADOIROS DE PRIMAVERA EN SEMANA SANTA

Os días 2,3 e 4 de abril na Biblioteca Pública de 17.00 a 18.30 horas, organizamos para nenos e nenas de mais de catro anos obradoiros relacionados coa primavera.

Faremos diferentes manualidades, sementaremos plantas ou flores e faremos un rastrexo polo pobo que nos axude a descubrir mais polo miúdo esta estación do ano.

Se queres inscribirte na actividade ou mais información tes que chamar ao teléfono da Biblioteca  988.25.98.39, ou ben a través do correo electrónico cultura@concellopereiro.com.

ENTROIDO 2012 DO CONCELLO DO PEREIRO DE AGUIAR

No seguinte enlace podedes descargar as actividades que se van a por en marcha este ano para celebrar o entroido desde o noso concello.

http://www.calameo.com/read/00106165768de3fac7de8

Obradoiros para os cativos, e unha festa adicada este ano as personaxes favoritas dos comics de todos os tempos, son as actividades principais deste ano.

OBRADOIROS DE NADAL PARA OS CATIVOS

Esta Nadal realizaranse diferentes obradoiros na Biblioteca Municipal para os cativos maiores de catro anos.

As actividades levaranse a cabo os días 26-27 e 28 de decembro e 2-3- e 4 de xaneiro en horario de 17.00h a 18.00h, tempo no que elaboraremos adornos de nadal, instrumentos musicales e descubriremos a qué sabe a lúa, entre outras actividades.

Para participar neles, soamente tedes que anotar aos nenos e nenas que queiran participar no teléfono 988259839,  a través do e-mail cultura@concellopereiro.com ou ben neste enlace, antes do 20 de decembro, e comunicar qué días vai asistir aos obradoiros.