Un ano máis o Concello do Pereiro de Aguiar, chegada a época do Nadal, pon en marcha o seu certame Artístico dirixido a todos os veciños e veciñas do municipio. Establécense duas modalidades: postais de nadal e relato curto con distintas categorías para cada un e tres premios para cada categoría.
Consultade as bases na páxina web do concello ou ben no facebook da Omix e participade. Facede deste, o voso certame.