¡VEÑEN OS REIS MAGOS!

Un ano mais os Reis Magos de Oriente chegan ao concello do Pereiro de Aguiar cargados de agasallos para os nosos cativos, que os esperan con moitísima ilusión.

O día cinco de xaneiro, ás 18.00h aparcarán os seus curiosos vehículos, na praza do concello para saudar aos pequenos que poderán sentarse no seu regazo para velos moi de cerca e recibir un agasallo seu.

Se queredes que os vosos meniños pasen unha tarde de ilusión achegádevos ata a praza do concello. Ademais a partires das cinco da tarde  haberá divertidos obradoiros.

Os interesados deberán anotar aos nenos e nenas no teléfono 988259839 antes do 30 de decembro e pasarse pola biblioteca a acercar o agasallo do seu pequeno antes do 4 de decembro.