Coa chegada do mes de setembro ábrense as inscricións para os novos cursos que se ofertan desde o concello do Pereiro de Aguiar para o curso 2013-2014
Polo que no mes de outubro darán comezo:
* Obradoiro de memoria: luns en Calvelle e no Pereiro; martes na Derrasa e en Loñoá; e os mércores en Vilariño e Melias.
* Ximnsasia de mantemento: luns e mércores de 19.00h a 20.00h no Pavillón Municipal
* Aeróbic: martes e xoves de 20.00h a 21.00h no Pavillón Municipal, cun custo de 15€ ao mes
* Futbol sala: luns de 14.00h a 15.00h para cativos de 1º e 2º de E.P e mércores de 17.00h a 18.00h para cativos de 3º e 4º de E.P no Pavillón Municipal
* Minibasket: luns de 17.00h a 18.00h para cativos de 3º a 6º de E.P no Pavillón Municipal
* kárate infantil: venres de 17.30h a 18.30h, no Pavillón Municipal, cun custo de 9.95€ ao mes.