Desde a Biblioteca Municipal imos por en marcha unha nova actividade para os mais cativos da casa “Rebulindo na biblio”
Achegar os libros e a lectura desde idades temperás é un gran estímulo á imaxinación, creatividade, á capacidade verbal e á concentración dos nosos pequenos.
É sabido por todos que os libros nos enriquecen e que nos levan a bucear en aventuras, historias, é un moi bo xeito de inculcar valores aos cativos e que aprendan divertíndose coa lectura
Por iso as actividades xirarán sempre en torno algún conto, cada semana versará sobre un tema distinto e faremos diferentes dinámicas, xogos, manualidades, tentando pasar un rato divertido ao mesmo tempo que aprenden xogando, fomentando o traballo en equipo, a cooperación, a axuda entre eles, …
A actividade terá lugar os martes e xoves en horario de 17.30h a 18.30h e comezará a primeira semana de outubro.
As inscricións dos cativos faranse na Biblioteca Municipal ou ben por e-mail.